martes, 7 de febrero de 2012

Na rede procúrase o contacto social por riba do persoal.   Ter centos ou milleiros de amigos virtuais non te afastarán da soedade.  Os vínculos reais nunca poden ser acadados a través de ningunha rede, requírese a inmediatez témporo-espacial para poder olfatear ao outro, procesar os seus movementos, interpretar o seu ollar, ver como inflúes en él... sen intermediarios.   Cando na rede te atopas con obstáculos os músculos non che sirven de nada, estás invalidado como vertebrado.   Pero, para que se queren tantos amigos?   Os amigos son un estorbo cando superan unha cifra mínima para a que sobran os dedos de un pé.  O único amigo que tés que cultivar és ti, e para iso non precisas conectarte.